Sobre nós
A arquitectura interesoume dende novo Dende que era moi novo interesoume o proceso de crear e construír cousas, seguramente influído polo meu pai que, aínda que non era construtor profesional, foi capaz de construír varias vivendas con éxito, malia os escasos medios da posguerra (escaseza de aceiro e cemento). Penso que o seu exemplo nos marcou tanto a min, José Manuel Villar Quintás, como o meu irmán, Jesús Eduardo Villar Quintás, que tamén é arquitecto en Santiago de Compostela. A miña vida profesional orientouse sempre cara a este sector, primeiro como arquitecto técnico (COATAC 699) e tamén, dende fai 26 anos, como arquitecto (COAG 2106). Creo que ambas son profesións nobres, orientadas a satisfacer a necesidade de dar abrigo ás persoas, tanto dende un punto de vista material (seguridade e economía) como dende un anhelo de perfección e elevación do espírito (beleza e harmonía). O noso xeito de traballar: compromiso, seguridade, garantías e cumprimento da normativa vixente Unha das características que diferencian o noso estudio é a atención constante durante a contratación e a realización da obra. Ofrecemos servizos obrigatorios de dirección de obra segundo a normativa vixente, coordinación de seguridade e saúde ou complementarios de xestión integrada de obras para asegurarnos de que a construción da obra flúe adecuadamente e, dese xeito, materializar o proxecto, evitando así sobresaltos para a propiedade ou accidentes. Ademais, adecuamos o orzamento de contratación establecido e obtemos a licenza de primeira ocupación sen contratempos. En definitiva, trátase de acompañar ó longo e tempestuoso camiño, dende a realización do proxecto ata a utilización da obra, con garantías e sen complicacións engadidas. Para asegurar o cumprimento destes fins, dispoñemos dos medios materiais necesarios e dun equipo interdisciplinario con moita experiencia: expertos en estruturas, instalacións de edificación, eficiencia e certificación enerxética, seguridade e saúde en obras de construción, asesoría xurídica e urbanística de alto nivel. Outro elemento que nos diferencia é a fiabilidade dos nosos servizos, xa que nos anos que levamos, tanto na profesión de arquitecto técnico (40 anos) como de arquitecto (26 anos), non tivemos ningunha reclamación xudicial. Que nos fai diferentes? Esforzámonos por realizar un proxecto axustado ás necesidades do cliente e que encaixe coa normativa vixente. Acompañamos o cliente durante a realización da obra, tratando de minimizar os problemas que poidan xurdir mediante unha vixilancia constante, para asegurar que a obra se axusta ó proxecto, á licenza concedida, ás súas condicións e ó resto da norma vixente. Supervisamos que se cumpra a adecuación ó orzamento de contratación aceptado e demais exixencias do cliente segundo o contrato ó efecto. En definitiva, garantimos ó máximo as exixencias do cliente, tanto no proxecto como na obra. Ademais, conscientes dende fai anos da cada vez maior importancia da parte das instalacións nos edificios e, en especial, da eficiencia enerxética, formámonos neste ámbito (Máster en Instalacións de Edificación de CYPE Ingenieros) e prestamos unha atención especial ó deseño das instalacións de climatización e eficiencia enerxética. Por exemplo, fomos dos primeiros arquitectos en incorporar, dende xa fai tempo, recuperadores de calor nos nosos proxectos, para mellorar a eficiencia enerxética dos mesmos. Outro aspecto importante nas obras é a preocupación pola seguridade e saúde dos traballadores. Coñecedores dende fai anos do desenvolvemento e importancia que ían ter estes temas, decidimos formarnos tamén neste aspecto mediante un Máster de Prevención de Riscos Laborais (CICCP) para a consecución do título de Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais. Como consecuencia desta formación e da experiencia da súa aplicación nas nosas obras, preocupámonos pola seguridade e saúde dos traballadores. Polo tanto, a seguridade xurídica e económica do promotor é unha constante preocupación nos nosos proxectos, obras e na redacción, o máis detallada posible, da documentación correspondente. Ata o momento, non se nos exixiu ningunha responsabilidade neste aspecto en ningunha das nosas obras. En Arquingplus estaremos encantados de axudarvos co voso proxecto de arquitectura. Non dubidedes en contactar connosco.
    Sobre nós

    CONTACTA CONNOSCO

    Contacta connosco

    Share by: